Hotel Bonaval (creo que se chama así), dálle nome ó cadro.
Baixo toda-las mañás polo cemiterio de Siza e desenboco na miña rúa nunha costa que conduce á residencia de maiores.
O Parque de Bonaval ten un verdor que o inunda como un mar. Cando chove sinto que as ondas baten no meu paraugas e timoneo a babor como se de velamens tratárase. Ollo ás torres no horizonte e marcan o rumbo á rúa que se funde, estreitándose; nunha inmensidade de ventás abertas onde os xoves hai baile e os maiores locen seus pasos na residencia.
Cando naceu meu parque, meu cadro; fíxoo case dun xeito espontáneo, como un “senquerer”. Precisaba velo mar.
0 Comments:
Publicar un comentario
<< Home