Voltar a páxina Principal
Cadro traballándose hoxe: DIARIO DUN CADRO - "Hotel Bonaval" (90x132 cts.) acrílico sobre tela
Un día ...
cadrohoxemarz07

Hotel Bonaval (creo que se chama así), dálle nome ó cadro. Baixo toda-las mañás polo cemiterio de Siza e desenboco na miña rúa nunha costa que conduce á residencia de maiores. O Parque de Bonaval ten un verdor que o inunda como un mar. Cando chove sinto que as ondas baten no meu paraugas e timoneo a babor como se de velamens tratárase. Ollo ás torres no horizonte e marcan o rumbo á rúa que se funde, estreitándose; nunha inmensidade de ventás abertas onde os xoves hai baile e os maiores locen seus pasos na residencia. Cando naceu meu parque, meu cadro; fíxoo case dun xeito espontáneo, como un “senquerer”. Precisaba velo mar.

chegando a porto

- inicio páxina - PÁXINA PRINCIPAL
<body bgcolor=#FFFFFF>